viernes, 17 de octubre de 2014

XII ENCUENTRO DE EMBARCACIONES TRADICIONALES EN GALICIA


NUESTRO DELEGADO EN GALICIA, NOS HACE PARTICIPES DE LA CELEBRACIÓN EN EL AÑO 2015 DE ESTE ENCUENTRO DE EMBARCACIONES TRADICIONALES EN GALICIA. AL TIEMPO QUE OS ANIMAMOS A ASISTIR, IGUALMENTE A COLABORAR CON LA ORGANIZACIÓN, A TRAVÉS DEL VOLUNTARIADO. 




GAMELA CABO DE LA CRUZ (PONTEVEDRA)

ASOCIACIÓN CULTURAL DE TRADICIONES MARINERAS



YA ESTÁ EN MARCHA LA ORGANIZACIÓN DEL  XII  ENCUENTRO DE EMBARCACIONES TRADICIONALES DE GALICIA EN CABO DA CRUZ, DEL 9 AL 12 DE DE JULIO DE 2015. 

NON DEIXES PASAR ESTA OPORTUNIDADE DE COLABORAR CA "GAMELA" EN ESTE GRAN EVENTO QUE SE VAI LEVAR A CABO NO NOSO POBO. EN BREVE DAREMOS A COÑECER UNHA NOVA WEB/BLOG DO EVENTO DONDE ESTARÁ TODA A INFORMACIÓN DISPOÑIBLE.


TI TAMÉN ES PROTAGONISTA NO XII ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS DE CABO DE CRUZ 2015.


O XII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia no Cabo da Cruz, unha oportunidade para reafirmar unha relación do Pobo de Cabo da Cruz co Mar dende a prehistoria ata hoxe.

Esta “Campaña” embarcados para pesca da historia nas augas de calma chicha do pasado, levaranos catro singraduras a bordo de embarcacións nas que os nosos devanceiros largaban as redes na procura do seu futuro, hoxe o noso presente.



Xullo do 2015, nos días 9,10,11 e 12 e de xoves a domingo o noso Pobo volve a estar na proa da tradición mariñeira, a nosa costa , o noso porto volverán a se testemuñas da auténtica navegación tradicional: as lanchas xeiteiras, as dornas, os racús, as bucetas, os Galeóns, a nosa gamela e moitos outros barcos ergueran as súas velas saudando a un Pobo que non renuncia ao seu pasado de fonda Cultura Mariñeira e loita polo seu futuro sempre unido á salitre do mar que o viu nacer.


O éxito nesta “campaña de pesca” na memoria colectiva do noso pobo que neses días do encontro vai ser a memoria da Galicia mariñeira mais tradicional, necesita da colaboración de todo o pobo (como así vai ser), en especial dunha gran tripulación enrolada nas distintas tarefas de desenvolvemento do Encontro.


¡¡Apúntate como voluntari@ !!

Fas falta nas seguintes áreas de traballo voluntario:
*Área de Cultura: monitorado, obradoiros, exposicións … para adultos e nen@s
*Área de Información 
*Área de Restauración 
*Área de Servizo Marítimo
* Área de estrutura e montaxe. 

Como e onde apuntarse:

Se tes 16 anos ou máis e queres ser voluntar@ necesitamos:

Que cubras o impreso oficial de voluntariado e entregalo debidamente cuberto e asinado. 

Podes entregalo no Centro Social de Cabo de Cruz ou envialo por correo electrónico a cabodecruz@boiro.org 

Se envías os teus datos por correo electrónico no recadro de “asunto” debes poñer coma referencia VOLUNTARIADO ENCONTRO 2015.




cabodecruz@boiro.org